The Way of the Fist foi o primeiro álbum de estudio do grupo Five Finger Death Punch, publicado o 31 de xullo de 2007, acadando as 3,800 copias vendidas na primeira semana trala publicación. The Way of the Fist acadou a posición 107 na lista Billboard 200 e foi certificado coma disco de ouro o 1 de abril de 2010 ao chegar as 500 000 copias vendidas.[1]
O disco reeditouse e publicouse de novo o 13 de maio de 2008.[2] Esta nova edición contiña tres novos temas, "Never Enough", "Stranger than Fiction", e unha versión acústica de "The Bleeding".
O 22 de novembro de 2010 o álbum foi reeditado de novo no formato "deluxe", publicado có título The Way Of The Fist: Iron Fist Edition.[1] Esta versión tiña unha nova portada e contiña un DVD documental, tres vídeos musicais, un CD a maiores con 11 temas e versións entre outros extras.[1]